Fomos dando un precioso paseo todos xuntos, nenos e nenas de infantil cos de 1º e 2º que os cuidaban e miraban de que foran bos peóns, cruzando en verde e indo polos pasos de cebra.
![]() |
| Mirade que ben van xuntiños e contentos, coas mochilas baleiras para encher de libros bonitos!! |
| Paramos no parque para ver como vai vindo o outono e as cores das árbores cambiando a vermello, amarelo e marrón. Parecían de lume! |
![]() |
| Logo, na biblio, escollemos os contos que leremos nao colexio na "Hora de ler" de todos os días. |
![]() |
| De volta ao cole, outra foto na fonte e levantando as mochilas cheas de libros e aventuras! |
![]() |
| E imos xa a merendar ao Cornide, que chegamos con fame!!. |





1 comentario:
40/10000
Vaia plan máis chulo, grazas polas fotos
Publicar un comentario