O día 3 de decembro, fun agochado nun peto da profe Raquel (que non se enterou de nada)acompañando aos nenos e nenas das clases da profe Carmen e a profe Ana.
Apuntáronse tamén ao paseo Martín e María.
Desfrutamos do paseo, os pequenos da man dos maiores, que os coidaron con moitísimo cariño.
O parque de Vioño estaba precioso, coas suas cores de outono, e fomos fixándonos no que había no entorno: a rúa María Wonenburguer, a fábrica da Estrela de Galicia, os arces coas follas de cor marrón, amarela, vermella...
Logo, ao chegarmonos á biblioteca, os maiores escolleron contos para mostrarlles aos pequenos e todos estiveron moi atentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario