luns, 7 de novembro de 2022

SAMAÍN NO CORNIDE!! ESTAMOS DE MEEEEEDO!!

 O día 28 de outubro celebramos o Samaín no colexio!

Para seguir as nosas tradicións, os nenos trouxeron cabazas baleiradas e decoradas, axudados polas súas familias. 

Moitísimas grazas pola vosa colaboración, porque estaban todas espectacularmente feitas!




                                                                 






E para crear aínda  máis ambiente, viñemos todos disfrazados cos traxes máis terroríficos que poidemos atopar, ata Faustino puxo as súas mellores galas!










E tamén houbo premios!





E ademáis, cada clase leu para todos nós, os arrepiantes relatos que inventaron e que nos puxeron os pelos de punta.








E aquí tedes o video, que con moito arrepío fixemos Jose e máis eu, porque descubrimos que o noso cole está cheo de esqueletos, pantasmas, zombis, vampiros...








Ata a próxima "monstruíños"!!

1 comentario:

Xosé dixo...

Sodes un cole TERRORÍIIIIIIIFICO. A verdade é que estades todos increíbles. Aínda que teño que recoñecer, que con algunha das vosas fotos pasei algo de medo..... Olga (mami de Xosé e Ita)