luns, 26 de setembro de 2022

UN COMEZO DE CURSO CON MOITO CONTO!!

 Estou encantado co comezo deste curso 22-23!!

Chegaron un lote de nenos e nenas moi contistas, e moi ilusionados en participar nos contos dos venres. 

Desde o meu agocho polas paredes do colexio fixen fotos e aquí tedes as súas marabillosas actuacións e tamén tedes os libros da nosa biblioteca para que volvades a lelos nas vosas casas.

Venres, 9 de setembro

Este é un libro moi velliño, dos primeiros que trouxen para este cole, pero é un dos preferidos de moitas xeracións que pasaron por aquí.

E un daqueles grupos regalounos o libro xigante feito por eles na clase de plástica, que usamos para lembrar esta historia tan surrealista .

E a profe Ana e os seus alumnos de 1º e 2º fixéronnos voar con "El pájaro Federico"

 



 

 


Venres,16 de setembro

"Orellas de bolboreta" é outro libro que tamén nos gusta moito, porque nos fala de non facer caso das tonterías e estar moi contentos co que somos (altos, baixos, fracos, gordos...)

E a profe Ana cos todos os nenos e nenas da clase contáronnos o conto 








Venres, 23 de setembro



"Todos menos uno" conta a historia dun chícharo que quería ser diferente aos outros chícharos e envidiaba a outros seres da natureza...

Os nenos e nenas de 3º e 4º fixeron unha representación maxistral.







Isto é todo polo de agora!!

Ata a próxima!!



1 comentario:

Olga Mami Xosé e Ita dixo...

Querido rato: Grazas por sacar un tempo e colgar estas fotos tan chulas. Así as mamis e papis de tan grandes artistas podemos observar desde este buratiño o ben que o pasan os nosos cativos. Bo traballo e bos contos!! Agardamos impacientes por mais…