Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

jueves, 9 de febrero de 2017

FESTIVAL XUNTARTE


O venres 27 de xaneiro, vari@s nen@s que coñezo ben, foron a Culleredo a unha xuntanza moi artística. Bailaron e cantaron con sete coles máis da Coruña, no IES Universidade Laboral.
Aproveitei para coarme alí, e reunirme cos meus colegas ratos, e gravamos en segredo un vídeo da súa actuación, que aquí vos agasaiamos.
Está tal como saiu, con tódolos "accidentes" que ocurriron durante a representación, para que vexades que airosos saíron os rapaces do Cornide desas dificultades. É que cando hai táboas...


1 comentario:

Toloveo dijo...

Ese público andaba un pouco despistado. A próxima vez hai que levar un cartel que diga cando teñen que aplaudir... Bravo, rapaces. Con interrupcións e todo, estivestes moi ben.