Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 2 de febrero de 2016

AMIGUIÑOS SI, PELEÓNS NON... DÍA DA PAZ.

Esta foi a nosa maneira de lembrar a falta que nos fai que haxa paz no mundo e a sorte que temos de vivir en casiñas quentes, coa nosa familia, e os nosos amigos.
Comezaron os pequenos de 3 e 4 anos cunha versión da Tarara que contaba que no cole teñen un montón de amigos. Todos estivemos dacordo con eles e cantamos tamén "Amiguitos si, peleones no"
A continuación veu o novo grupo rapeiro, cun grande éxito internacional titulado "La blanca paloma" que proximamente será escollida como himno de apertura das sesións da ONU.
Logo, a rapazada de 1º e 2º contou unha historia que nos aconsellaba non deixar sitio aos abusóns nos colexios e que todos podemos xuntos acabar con eles,

Os nosos poetas de 3º e 4º compuxeron poemas para que todo o mundo saiba que...
Queremos facer as paces 
con todos os rapaces.
 
Para rematar, os de 5º e 6º, interpretaron, con percusión de bolígrafos, o noso clásico e popular tema
Soio con tres letras
tres letras nada máis,
escríbese a palabra PAZ 
 

4 comentarios:

Coco dijo...

Cantos bos desexos! Oxalá todos se fagan realidade. Seguro que sí, porque segundo o cartel o espírito de Gandhi anda polo Cornide. Tivo que ser unha función moi divertida. Noraboa a todos polo traballo.

Toloveo dijo...

Así é como nos gusta vervos, rapaces. Un bo exemplo para todos.

Sol con gafas dijo...

Estabais todos muy guapos y lindos.
Me encantó todo,pero,sobre todo,la canción, aunque fueran un poco rápido.
Esta es una prueba de que el José Cornide......
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ES EL MEJOR COLE DE ESPAÑA!!!!!!!!!!!!!
Y además muy kawaii.

GATITO EN UN PASTEL dijo...

QUÉ NENOS TAN BOS SODES.EU NON PODERÍA FACELO COMA VOS NON MEMORIZARÍA TANTAS COUSAS P.D. SEGUIDE ASÍ QUERO VER MÁIS VIDEOS VOSOS.