Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

lunes, 17 de noviembre de 2014

O NOSO MAGOSTO NON É EN AGOSTO!!

O venres 14 de novembro, a chuvia deunos unha tregua e puidemos comer as deliciosas castañas que asaron para todos nós Jose e Joaquín, coa colaboración de Xeila.
Os nenos  fartáronse de comer castañas con leite, brincaron, cantaron e bailaron.
Moitas familias uníronse á nosa festa do outono. Aquí tedes algunhas imaxes.








             CANTIGA
 
Cando é tempo de asar castañas
a castañeira, a castañeira, 
trae castañas desde a montaña
e na praza vainas asar.
A camisa vaille pequena, 
a faldiña faille campá.
Os zapatos fanlle cloc-cloc
e ó bailar xira-xirará.

5 comentarios:

Mariam dijo...

Paseino moi ben no magosto, disfrutei da música, bailei e comín tantas castañas e bebín tanto leite que non comín nada na casa ata a noite. ¡estou desexando repetilo o ano que ven! moitas grazas ós que traballaron para que todo saíra ben.

Coco dijo...

Noraboa aos castañeiros e aos organizadores do magosto! Creo que moitos nenos comeron máís castañas ca nunca. Segundo as miñas fontes, xogaron, riron e cantaron moito. A min doeume un chisco o bandullo pola tardiña, porque comer, comín tamén ben castañas!

Kenyara 5 dijo...

Que ricas estaban las castañas

Sara de 5º dijo...


Pasino moi ben no Magosto e gostaronme moito as castañas e a cantiga de Castiñeira.

Disfrutei moitiiiisimo¡¡¡

Alejandro Lamas dijo...

gustoume moito o magosto