Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 14 de enero de 2014

VISITA DE MONCHO DO ORZÁN AO COLE

O venres 10 de xaneiro, o día despois de volvermos novamente a clase, veu polo cole Moncho do Orzán, que nos deixou coa boca aberta ao falarnos, xunto ao profe Marcos, sobre o acordeón.
Os dous fixeron un repaso sobre a historia deste instrumento musical, e mostraron de que partes está formado. De feito, Moncho abriu o acordeón que traía (de máis de 50 anos) para satisfacer a nosa curiosidade. Soubemos que está feito de varios materiais, como se fai soar e, entre outras cousas máis, as diferenzas que ten con outros instrumentos.
Un auténtico luxo, porque non foi só algo teórico, senón que fixeron uso do seu grande talento e deleitaron os nosos oídos con varios temas tradicionais galegos e mesmo un valse francés.
E, por se fose pouco, saíron ao escenario as alumnas e os alumnos de 5º e 6º de primaria para acompañar os músicos cun dos temas que representaran na festa das familias de decembro!!!
Canto aprendemos, e canto disfrutamos. Que máis se pode pedir? Moitísimas grazas a Moncho e a Marcos!

4 comentarios:

Kenyara(4º) dijo...

gustoume moito o que no esplicou mancho sobre o acordeon

María Díaz dijo...

Encantoume bailar ao final da explicación de Marcos e de Moncho.

Ana y Antia dijo...

¡¡¡¡Feliz cumpleaños profe Ana¡¡¡¡ ¡¡¡¡Que cumplas muchos mas¡¡¡¡

Papaya dijo...

Gustoume a música de Moncho ¡¡¡¡Encántame a música¡¡¡¡
Paseino moi ben.
¡¡¡Marcos ti eres Coco¡¡¡