Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

lunes, 8 de octubre de 2012

DORES TEMBRÁS E O PEIZOQUE ROQUE

Como sabedes, eu, o Rato, teño un bo amigo que colabora comigo neste blog, o trasno Mateus. Foi grazas á súa amizade coa escritora e poeta Dores Tembrás polo que ela veu o xoves ao cole para presentarnos ao peizoque Roque.

               
 O peizoque pescuda palabras polo bosque, palabras con sabores, que recenden, iluminan, abrigan... palabras que nos fixeron pasar un rato máxico por mor da nosa nova amiga.
 Dores ten o seu blog, e ela tamén escribiu da súa visita ao cole, quedou abraiada e contentísima de coñecer estes nenos.Aquí vos deixo o enlace para pinchar e ver o que nos conta desde o seu blog.

3 comentarios:

Mateus dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Mateus dijo...

Meu querido Rato: eu estou ben contento de que os amigos e amigas que veñen e van ao bosque dos soños entren tamén neste cole teu.
O outro día estiven agochado na biblioteca escoitando a Dores, e despois ainda puiden falar un cachiño con ela, e contoume que quedou encantadísima de estar na túa casa, na de todos vós. E o peizoque Roque voou máis alto que de costume, ben alimentado coas palabras con que o agasallastes!

Milena 3 dijo...

Que cuento tan dibertido para los pequeños.