mércores, 5 de outubro de 2011

Canción de arrolar, con todo o cariño


Amigas e amigos:
O Rato e eu andamos moi contentos ao ver que seguen nacendo irmás e irmáns de moitos de vós. É unha delicia vervos coidando deles, axudando aos vosos pais a atender e protexer a quen é agora como fostes vós mesmos hai moi poucos anos. Ben seguro que dentro de pouco andarán por aquí, no cole, buscando soños na biblioteca, consellos de Ana, Beatriz ou Marisol, ou preguntándolle a Jose como é que sabe debuxar tan ben! Así que, aproveitando que ELAS SON AS PROTAGONISTAS déixovos aquí este vídeo cunha canción para arrolalos coa voz de Guadi Galego, capaz de reter o sol na súa gorxa e facer que ande sobre os nosos soños:


E, por suposto, parabéns aos que tivestes e teredes irmás ou irmáns!!!

1 comentario:

bea e antia dixo...

É unha nana preciosa, de seguro que os bebés do colexio volo agradecen un montón. Realmente sublimem, unha voz prodixiosa. Parabéns a todos os bebés nacidos e por nacer. Bicos