xoves, 19 de xuño de 2008

VACACIÓNS

Apreciado Rato:
Rematas este curso logo dun traballo continuado "Da Raiola ao Luar".
Menos mal que contas coa colaboración de Mateus, e "Entrambos" é máis doado tirar para adiante do labor bibliotecario.
Descansa ben neste verán, pois o próximo curso ven cheo de proxectos novos, e vas ter que traballar arreo para axudarnos a engaiolar coa biblio a todos os nenos e nenas que imos ter no cole.
Boas vacacións.
Marisol

1 comentario:

Anónimo dixo...

Agredezo as palabras polo que me toca, Marisol.
A propósito, o outro dia estaba dando unha volta co meu amigo Felipe pola rua Real da Coruña, e encontramos, para a nosa alegria, as fotos de moitos dos nenos do cole nunha sua exposición en Sargadelos... e tres fermosas obras que fixeron!!! E tamén te vimos a ti (fomos os que rompemos o aire acondicionado, pero non digas nada, que como se enteire o vello Isaac...).
Aproveitamos para convidar a todos a que vexan as obras dos nosos colegas e as de multitude de nenos doutros coles.

Un saúdo trasneiro de Felipe e Mateus, e feliz verán para ti tamén (¿ainda non encontrache as orellas do entroido?, mira que non aparecer ainda...).