xoves, 20 de decembro de 2007

Unha chea de Nadais- Arxentina e Uruguai

Isabel é orientadora no noso colexio. Ela naceu en Bos Aires. Mauro e Carla tamén naceron na Arxentina, pero en Mendoza.

Hoxe eles contáronnos do Nadal no seu país. Teñen moitos costumes semellantes aos nosos, e tamén aos dos italianos, porque como nos explicou Isabel, Arxentina é un país feito con xentes de moitos lugares. pero teñen algo que fai o seu nadal moi distinto ao noso: aló é veran!

Por iso as festas teñen moito sabor a rúa. Nas casas poñen un arbolito (pequeno), e baixo el o pesebre, no que colocan ao Neno ás doce da noite do 24, igual que en Perú. Para cear fan un churrasco, deses que a eles lles saen tan ricos...

E de postre pan dóce, tortas fritidas, turrón de manises...

Aldo e Mauro, que naceron en Uruguai, subiron logo ao escenario e vimos que as diferencias nos costumes son moi pequenas, porque se trata de países veciños.


3 comentarios:

Anónimo dixo...

Teñen unhas costumbres moi distintas as de España.Algunhas moi bonitas e me gustaria que o nadal fose ata Marzo como alí e fosen dentro do veran.

isabel dixo...

¡ BO NADAL A TODOS!

Gracias por permitirme disfrutar da vosa compañía, na escola onde todos houbesemos querido convivir e medrar e onde son tan feliz traballando.
O voso X.P.S.

Isabel

Anónimo dixo...

Gostei muito desse post e seu blog é muito interessante, vou passar por aqui sempre =) Depois dá uma passada lá no meu site, que é sobre o CresceNet, espero que goste. O endereço dele é http://www.provedorcrescenet.com . Um abraço.