mércores, 24 de outubro de 2007

O Rato fai "gatadas"

Xa estamos afeitos!!

Este Rato noso sempre anda a facer das súas. Onte deixou esta mensaxe nunha aula de infantil.

Non nos sorprende que nos convide a unha visita imaxinaria ao Museo. Xa fomos noutras ocasións a coñecer a algún pintor. Pero, desta vez esqueceu escribir na entrada o nome do artista. Menos mal que os rapaces de 5º e 6º foron quen de averigualo, acudindo á Biblio e buscando información.

Non foi asunto sinxelo: primeiro houbo que decidir onde e como buscar, xa que non sabíamos tampouco os títulos dos cadros. Lográmolo!! Agora sabemos que o xoves coñeceremos a... GOYA!.

3 comentarios:

Rodrigo dixo...

Eu quería un gato así no meu centro. Estou desexando ver a Goya.

O Segrel do Penedo dixo...

Vaia co Sr. Rato, que boa elección!! A min gústame moito Goya, sobre todo os cadros de nenas e nenos coma vós xogando.
Bicos dende Fene!!

Anónimo dixo...

Esta foi unha actividade moi divertida e bonita.O Rato ten boas ideas e bonitas.