venres, 27 de outubro de 2023

Historias mexicanas

 Aproveitando a nosa viaxe a México e a próxima celebración do samaín as profes Ana e Belén contáronnos unhas historias e lendas mexicanas aterradoras. Algúns nenos e nenas tamen tiñan preparados uns contos de medo que nos deixaron cos pelos de punta.

Ademais alguns dos amiguiños máis maiores do cole sorprendéronnos con curiosidades sobre este país. Sabíades que en México teñen o volcán máis pequeno do mundo?

Seguimos coa aventura...





martes, 24 de outubro de 2023

México

 Bo día!!!! por fin comezamos o noso proxecto de viaxes polo mundo. Este ano decidín levar unha nova vida como ratinfluencer. O meu obxectivo é visitar todos os países dos nenos e nenas da nosa escola e sacarme moitas fotos. O noso primeiro destino é México, os nenos e nenas de tres e catro anos fixeron unha presentación das cousiñas máis características deste país tan colorido. 

Proximamente teremos novas sorpresas, ide preparando a maleta.









A oruga larpeira

 O outro venres coñecimos a unha oruga moi larpeira, cada día da semana tiña unha comidiña nova lista para zampar. Con este conto aprendimos moito vocabulario e xusto saía a palabra da semana AMORODO.







mércores, 4 de outubro de 2023

El pez arcoiris

 Bo día amiguiños, este venres mergullámonos nesta bonita historia dun peixiño moi colorido. Aproveitando a visita tan especial que temos estas semanas no cole decidimos ler o conto en galego e en alemán. 




Vémonos pronto amiguiños, temos moitas sorpresas esperando por vos!

mércores, 27 de setembro de 2023

A toupiña

 Moito nos gustan estes temas tan escatolóxicos. O pasado venres rimos e disfrutamos xuntos desta obra tan divertida. Como este ano andamos moi viaxeiros mentras a profe Ana contaba esta simpática historia en galego o profe Quique fixo a súa versión en italiano e descubrimos que algunhas palabras parecíanse moito!

Que nos esperará na próxima semana?







O galo Kiriko

 Co bo día que tivemos que mellor forma de desfrutalo que co noso clásico galo Kiriko á sombra da árbore dos contos. Que momento tan máxico.

A nosa profe Ana, chea de ilusión, narrou esta gran historia mentres os profes Quique, María, Patri, Jessica, Carlos, Silvia, Begoña e Cristina a representaban con moita gracia. O meu amigo Jose axudounos a darlle algo de marcha a esta historia cun fio músical.

Podedes ver aquí un pequeno fragmento




martes, 26 de setembro de 2023

Benvidas un ano máis!

 Ola amiguiños e amiguiñas que ganas tiña de vervos de novo polo cole. Este ano temos moitas sorpresas esperando por vós, queredes acompañarnos nesta gran viaxe?

Temos novos acompañantes que disfrutarán con nós desta nova aventura. Empezamos por todo o alto cun dos nosos clásicos "Que ven o lobo" un conto cheo de sorpresas onde nada é o que parece. 

A profe Ana, narrándonos dun xeito tan especial a historia.


e co noso tradicional acompañamento musical. Neste cole temos moita arte.





Esperámosvos para a próxima historia. Esta estivo ben, ben, requete..beeeeen!