Celebrámolo falando de libros.Os maiores da súa historia, dende os primeiros materiais: papiros, taboiñas con cera... ata os libros electrónicos actuais.Os medianos leron un poema de Gloria Fuertes, e explicáronnos por qué se celebra este día. E os pequenos contáronnos, en forma de poemiñas, todas as cousas que lles fan sentir os libros.
martes, 24 de abril de 2012
luns, 16 de abril de 2012
OS XOGOS OLÍMPICOS DE NINGURES
![]() |
O venres 13 de abril, a profe Ana subíu ao escenario para presentárnolo, e Jose debuxou un cartel anunciador que marabillou a todos os asistentes.
OS NOSOS LIBROS PARA UNHA LECTURA OLÍMPICA
Como ben sabedes, o tema que imos traballar no cole este trimestre é As Olimpiadas. Na biblio xa estou máns á obra, e vos deixo unha serie de libros para que todos poidades consultar e disfrutar olímpicamente.
martes, 20 de marzo de 2012
Amigas e amigos:
Non é
ainda deporte olímpico, mais desde logo é un dos xogos máis tradicionais por estes lugares. O peón, trompo ou buxaina, lévase practicando desde hai ben anos (de feito, algúns dos vosos pais, nais, avós e avoas teñen xogado ben horas na súa infancia así). Preguntádelles e xa veredes como levades máis dunha sorpresa (seguro que en máis dunha casa ainda quedan buxainas!). Aquí van dous vídeos, un do "Día do Peón":
E outro máis onde podedes ver como se constrúen por un artesán:
ainda deporte olímpico, mais desde logo é un dos xogos máis tradicionais por estes lugares. O peón, trompo ou buxaina, lévase practicando desde hai ben anos (de feito, algúns dos vosos pais, nais, avós e avoas teñen xogado ben horas na súa infancia así). Preguntádelles e xa veredes como levades máis dunha sorpresa (seguro que en máis dunha casa ainda quedan buxainas!). Aquí van dous vídeos, un do "Día do Peón":
E aquí queda unha proposta: non haberá polo cole algunha billarda? Eu, de vós, preguntáballe a Marisol ou a Xosé Luís, a ver se saben onde buscar... e mesmo se se animarían a xogar un pouco. Que vos parece?
venres, 9 de marzo de 2012

Así que este xoves, 9 de marzo, fíxemos a entrega oficial do caderniño olímpico, para traballar co espíritu dos antigos atletas gregos: CITIUS, ALTIUS, FORTIUS.
Aquí vos deixo a miña pequena colaboración, un video que atopei e que nos mostra as orixes do atletismo galego. Os nosos avós xa facían deporte, así que agora tócavos ser dignos representantes do sentimento olímpico.
.
luns, 5 de marzo de 2012
Un deporte novo e vello: a Billarda!!!
Amigas e amigos:
Vexo
que estades xa traballando sobre os xogos olímpicos! A ver se logramos que Jose pegue uns bos chimpos por riba de todos os obstáculos e sexa capaz de cerrar as dúas portas do cole antes dun minuto! (Que vos parece? Esta si sería unha proba olímpica, verdade?).
Falando co Rato, preguntámonos se saberedes dalgún deporte que ainda non está recoñecido polo Comité Olímpico, e, concretando máis, como non sabemos se o coñecedes, deixámosvos aquí un deporte tradicional de Galicia, a Billarda ou Estornela (pinchade aquí e teredes moita máis información).
Polo de pronto, déixovos aquí este vídeo onde podedes saber algo máis del (hai unha Liga e todo!!!, na que, por certo, unha das xornadas se xogou nun sitio que, de seguro, coñecedes ben -reparade na foto e a ver quen o adiviña antes!!-):

mércores, 29 de febreiro de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)