venres, 4 de outubro de 2013

ADIVIÑA

Aquí tedes unhas espectaculares fotos, que atopei nas miñas viaxes cando o meu labor de bibliotecario o permite.
 Ademáis de que vos gusten tanto coma min, espero que vos axuden a adiviñar cal vai ser o tema do próximo proxecto, no que todos nos imos mollar.
 Espero impaciente as vosas respostas e os vosos comentarios sobre estas abraiantes imaxes.

luns, 30 de setembro de 2013

PRIMEIRA SAÍDA Á BIBLIOTECA SAGRADA FAMILIA...QUE DIVERTIDO!!!

O xoves 26 os nenos e nenas do primeiro ciclo foron camiñando alegremente, disfrutando do tempo e coñecendo o seu barrio (o centro de saúde, o parque de Vioño, algunhas industrias moi coñecidas...), ata chegar á nosa biblioteca favorita, despois da nosa claro!

 Ao chegaren á biblioteca, escolleron os libros para a "hora de ler" que terán que coidar e compartir  durante este mes. Ademáis, Emma, a bibliotecaria, leulles un conto moi chulo "La gran fábrica de las palabras".
As profes quedaron moi contentas do comportamento dos nenos, así que volveremos todos o mes que ven.
Eu (Rato),  fun agochado nunha das mochilas, para que non me viran, e saquei estas fotos que agora todos podedes ver:



domingo, 29 de setembro de 2013

VISITA DE BEATRIZ MACEDA E LAURA VELEIRO, AUTORAS DE "MAN, O ALEMÁN DE CAMELLE"

Este venres 27 de setembro pasaron por aquí as dúas autoras do libro Man, o alemán de Camelle: a escritora Beatriz Maceda Abeleira e a ilustradora Laura Veleiro. Ben, realmente, no caso de Beatriz, o máis correcto é dicir que volveu por esta casa súa, porque seguro que moitas e moitos de vós a lembrades cando fora profe de inglés hai uns anos.
As dúas falaron sobre o mítico Man (ou Manfred Gnädinger, que era o seu nome real), que residiu durante 40 anos na praia de Camelle, polas terras de Camariñas.
Contounos a historia da súa vida, de como chegou alí en maio de 1961, e de como ficou entre nós creando un auténtico museo ao aire libre onde, coas pedras e outros elementos que chegaban á praia, foi construindo o seu soño en forma de esculturas e outras formas artísticas.
Foi un heroe para Beatriz, e, desde logo, quedamos coa impresión de que non só o foi para ela... Mentres as súas palabras ían chegando como unha brisa do mar, Laura ensinounos as ilustracións que fixo para o libro, e, ao final, contounos como levou adiante o seu traballo para esta obra.
Este trasno que escribe estas liñas, empoleirado sobre o proxector, disfrutou ben da súa visita, e quedou con gañas de saber máis de Manfred, un alemán ben galego!!
Aquí quedan algunhas fotos, e, desde logo, os meus parabéns para Beatriz e Laura!!!

E como había dúas persoas con moita sensibilidade para a ilustración, aquí quedan as súas obras (parabéns, Jose e Laura, e moitísimas grazas pola vosa humildade e a grande capacidade para crear que tendes!!)




mércores, 18 de setembro de 2013

NOVO CURSO... NOVA TRAVESÍA

Xa comezou o novo curso! E xa estamos todos aquí, os peques, que cada vez son máis grandes, os novos pequerrechos que estrean o cole, novos profes ,os vellos profes de sempre... desde o meu curruncho vexo toda a actividade destes primeiros días.
 A primeira actividade foi un mural no que todos os nenos se debuxaron, dun xeito que tivera relación coa auga.
Tamén tivemos a primeira lectura dun conto, coa que aprendimos o que é  ser amigos.

 E os nenos de segundo ciclo nos fixeron a representación da  fábula da lebre e a tartaruga, que tanto éxito tivo o curso pasado.
Xa vedes que o novo curso está en marcha, a maquinaria comeza a carburar, a travesía se inicia con toda a tripulación preparada,  e eu cavilando cantas viaxes máxicas nos agardan.
Tripulación aos seus postos!
A toda vela!

luns, 10 de xuño de 2013

FOMOS FELICES... E COMEMOS PERDICES!!

O venres 31 de maio todos nos trasladamos ata o MAC para demostrar o que aprendemos despois duns meses de receitas, comidas exóticas, nutrición equilibrada e dixestións saudables.
Gracias a todo o persoal do museo que nos deixou utilizar as instalacións para que a festa fora un éxito, con espazo, amplitude, bo sonido e imaxe.Así da gusto!
Contentos e felices, e coa tranquilidade que lles da o traballo ben feito, todos os  nenos actuaron ante os  seus familiares e amigos.
Aquí vos deixo unha imaxe de cada unha das actuacións:






E abofé vos digo, que foi unha xornada para chuparse os dedos. Saímos con bo sabor de boca, e esperando que o próximo curso podamos repetir esta experiencia.
Bo proveito!!

mércores, 22 de maio de 2013

QUEDADES TODOS CONVIDADOS !!!



17 DE MAIO CON ROBERTO VIDAL BOLAÑO




O día das Letras Galegas houbo unha visita sorpresa.
Roberto Vidal Bolaño achegouse ao noso cole, co seu nariz vermello e o chapeu negro,  para ver a homenaxe que lle tiñamos preparada.
Alí contemplou, abraiado, como lían os nenos textos e poemas de Rosalía, Curros, Cunqueiro, Castelao...
e de remate, adicáronlle especialmente o seu "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL".
Fixate ben na cara de ledicia que se lle puxo.