
Amigos e amigas:
Vexo que estes meses ides aprender moito sobre os bosques, onde levo toda a miña vida. O Rato estívome contando o proxecto, e eu ben vexo que estades contentos, e con gañas de aprender.
Así que, que vos parece se vos propoño un xogo?
Como creo que ainda non me vistes, nen sabedes moito de min, penso que estaría ben que contasedes como credes que é vida dun trasno como eu no bosque: onde vivo, que como, en que ando enredando, que roupas levo, que árbores son as miñas preferidas ou cales son os meus amigos alí (a ver se coincide coa realidade, xa vos irei contando).
Que, apetécevos?














