mércores, 12 de xaneiro de 2011

GRAZAS polos contos.

No primeiro trimestre contaron para as nenas e nenos de Infantil varias mamás, papás...e mesmo algunha tía!

A todos, MOITAS GRAZAS.





martes, 11 de xaneiro de 2011

No día da Festa.

Antes de comezar cun novo tema de traballo (no que xa ando a roer) toca poñer fin ao anterior.
Velaí quedan unhas imaxes que recollen distintos momentos da festa das familias que celebramos en decembro, como remate do proxecto Con ás de paxaro.








luns, 20 de decembro de 2010

Veciños alados.

Hoxe tivemos aquí a Antón.
El, que tamén é do barrio e pertence ao grupo Habitat, ensinounos a ollar con xeito e descubrir aos nosos veciños alados.
Preparou unha presentación fermosa e axeitada para nós, que nos gustou moitísimo.
GRAZAS, ANTÓN!!




venres, 17 de decembro de 2010

mércores, 15 de decembro de 2010

luns, 13 de decembro de 2010

Poemas para adiviñar (5)

Dez letras ten
o nome deste paxaro.
Le e mira, mira e le
e serás quen de atopalo.

xoves, 9 de decembro de 2010

Voando...coa imaxinación.

Nunha alfombra voadora, a bordo dun montgolfier, convertidos en Mary Poppins...
O cortizo estase enchendo de mil xeitos de voarmos...coa imaxinación!!