Antes de comezar cun novo tema de traballo (no que xa ando a roer) toca poñer fin ao anterior. Velaí quedan unhas imaxes que recollen distintos momentos da festa das familias que celebramos en decembro, como remate do proxecto Con ás de paxaro.
Hoxe tivemos aquí a Antón. El, que tamén é do barrio e pertence ao grupo Habitat, ensinounos a ollar con xeito e descubrir aos nosos veciños alados. Preparou unha presentación fermosa e axeitada para nós, que nos gustou moitísimo. GRAZAS, ANTÓN!!