venres, 11 de xaneiro de 2008

1ª mensaxe do trasno Mateus

Velaí a primeira mensaxe que vos envía o meu amigo Mateus. Picade sobre ela para abrila nun tamaño superior e lela máis fácimente e... A PENSAR E ADIVIÑAR!

mércores, 9 de xaneiro de 2008

O meu amigo Mateus

Queridas amigas e amigos:
Aquí estou outra vez, coa barrigola ben fartiña do Nadal e a cabezola a matinar no que imos facer nestes meses.
Mentres tanto... teño unha novidade que vos ofrecer!! Veredes: teño un amigo que anda toliño por xogar con todos vós. É un personaxe peculiar: un TRASNO!
Como tal, é coxo, pequechiño e cun furado na man esquerda. Anda todo o día a rir e gústanlle as bromas e falcatruadas e, aínda máis, o feito de deixar pistas delas. Por iso, está disposto a plantexarnos adiviñas difíciles e irnos dando pistas das solucións.
Que vos parece? Queredes xogar con el?

(Por se vos queredes informar de como son estes seres, velaí dous libros que contan moito deles. Podedes atopalos na nosa Biblio)

luns, 7 de xaneiro de 2008

Festa de Entrambos

Velaí unha pequena mostra do que foi a nosa Festa das familias do pasado 21 de decembro, remate do proxecto Entrambos.
Nas imaxes podedes ver a chegada á escola, cos caderniños do tema expostos e retocados coa miña maxia; tamén algúns momentos da festa, imaxes do numeroso público e mesmo a presenza das súas Maxestades.


xoves, 20 de decembro de 2007

Unha chea de Nadais- Arxentina e Uruguai

Isabel é orientadora no noso colexio. Ela naceu en Bos Aires. Mauro e Carla tamén naceron na Arxentina, pero en Mendoza.

Hoxe eles contáronnos do Nadal no seu país. Teñen moitos costumes semellantes aos nosos, e tamén aos dos italianos, porque como nos explicou Isabel, Arxentina é un país feito con xentes de moitos lugares. pero teñen algo que fai o seu nadal moi distinto ao noso: aló é veran!

Por iso as festas teñen moito sabor a rúa. Nas casas poñen un arbolito (pequeno), e baixo el o pesebre, no que colocan ao Neno ás doce da noite do 24, igual que en Perú. Para cear fan un churrasco, deses que a eles lles saen tan ricos...

E de postre pan dóce, tortas fritidas, turrón de manises...

Aldo e Mauro, que naceron en Uruguai, subiron logo ao escenario e vimos que as diferencias nos costumes son moi pequenas, porque se trata de países veciños.


martes, 18 de decembro de 2007

mércores, 12 de decembro de 2007

Unha chea de Nadais - Rumanía




Hoxe tivemos no colexio a María, que é a nai de Miguel e naceu en Rumanía. Falar no noso idioma é difícil para ela, pero contou con Adela, que lle leva prestando axuda desde que chegou de aló.
Elas explicáronnos que na Noiteboa, é costume que algún dos fillos da familia amase e coza o pan no forno e llo entregue na mesa aos pais que serán os que o partan.
Tivemos ademais a sorte de poder probar un dos postres típicos desa noite. Mirade que boa traza tiña... mágoa que non poidades probalo, como fixemos todos nós.

martes, 11 de decembro de 2007

Unha chea de Nadais - Perú.




Luis e Ever naceron en Perú, nunha cidade do norte: Chiclayo. Hoxe Yamna, a súa nai, contounos como se vive aló o nadal. Soubemos que o 24 é o máis grande dos días. As rúas vanse adornando desde antes e son as xentes as que o fan, colocando faroliños e grilandas de papel. Nesa noite hai un gran pavo recheo na cea, e de postre panetón.
Ás doce, os nenos abren os agasallos que lles deixou Papá Noel e nese momento é cando se coloca no nacimento a figura do neno Xesús: os donos da casa elixen dentre os seus convidados uns padriños. Eles serán os encargados de poñer a figura no portal e, a cambio, deixarán un donativo que se usará para enriquecer o Belén no ano seguinte. Nesa noite visítanse as casas dos veciños e os nenos van por elas cantando panxoliñas. Yamna cantounos hoxe unha das que lembra ter cantado de nena, vestida de Virxe María.
A entrada do ano celébrase nas rúas e praias, con música e foguetes e queimando tamén un boneco, como en Ecuador.