martes, 21 de outubro de 2025

VOLVEMOS, DESPOIS DE MOITO TEMPO, Á BIBLIOTECA DA SAGRADA FAMILIA

Despois dun ano no que estiveron en obras, volvimos de excursión á Biblioteca da Sagrada Familia que tanto nos gusta!! 
Fomos dando un precioso paseo todos xuntos, nenos e nenas de infantil cos de 1º e 2º que os cuidaban e miraban de que foran bos peóns, cruzando en verde e indo polos pasos de cebra.

Mirade que ben van xuntiños e contentos, coas mochilas baleiras para encher de libros bonitos!!

Paramos no parque para ver como vai vindo o outono e as cores das árbores cambiando a vermello, amarelo e  marrón. Parecían de lume!

Logo, na biblio, escollemos os contos que leremos nao colexio na "Hora de ler" de todos os días.


De volta ao cole, outra foto na fonte  e levantando as mochilas cheas de libros e aventuras!

E imos xa a merendar ao Cornide, que chegamos con fame!!.