mércores, 19 de febreiro de 2025

UNHA PARELLA DIFERENTE...EN LINGUA DE SIGNOS!!

 


A profe Carmen e máis a súa amiga Raquel, que é unha experta en lingua de signos, nos contaron esta historia dun crocodilo e unha xirafa pero a profe Carmen contounolo con palabras, e Raquel usando as súas mans.







E todos aprendemos a saudar, aplaudir e dicir Coruña en lingua de signos.
E moitas palabras máis.
Foi moi divertido!!!

luns, 10 de febreiro de 2025

FELIZ ANINOVO CHINÉS!!


 O ano novo para a cultura china vaise celebrar todos os anos na segunda lúa nova despois do solsticio de inverno. Hai desfiles con dragóns e moitos fogos artificiais.

No noso cole tanto non facemos, pero para celebrar o ano novo chinés, que este ano cadrou o 29 de xaneiro, collemos este conto da nosa biblio e coa axuda de Iván e Noé , a profe Ana contounos a lenda de por que o dragón é o máis apreciado en toda China.


Mentres a profe lía unha folla en galego, Iván e máis Noé lían un cachiño en chinés, e así todos puidemos apreciar como é a músicalidade e a escritura dese idioma tan diferente ao noso.


Foi un conto máxico  que a todos nos encantou.






E Noé e Iván fixérono
ben, ben, requetebén!!