venres, 18 de setembro de 2015

BENVIDOS Á NOSA XUNGLA !!

Xa estou de volta despois dunhas marabillosas vacacións. Veño con novas ideas, novos libros e vexo neste colexio moitas caras novas. Todos guapísimos e cheos de gañas de aprender moito, moito.
Vexo unha tribo agochada no máis profundo da selva africana.
Están o grupo de feiticeiros, que nos han guiar coa súa sabedoría. Os de sempre e dous que viñeron doutras tribos.

Vin tamén, dúas aprendices de feiticeiras:

E os cachorriños que veñen aprender a cazar letras, recolectar contos, pescar amigos e tecer momentos de ilusión:

E con todas estas novidades, eu penso que este curso imos disfrutar
dun xeito salvaxe.
Vou estar, coma sempre, atento no meu recuncho para darvos conta de todo o que aconteza no noso cole. Benvidos á xungla!!!!!

4 comentarios:

  1. Benvidos a todos, feiticeiros e cachorriños!

    ResponderEliminar
  2. É unha ledicia tervos a todos outra vez activos. Benvidos.

    ResponderEliminar
  3. Foimoi bonita e gustoume moito.

    ResponderEliminar
  4. Que monos todos y muy kawaiis.

    ResponderEliminar