
Meus benqueridos amigos:
O Rato leva contándome desde hai semanas que está impresionado por todo o que estades aprendendo, e contoume tamén das aves e paxaros que andan poboando a vosa imaxinación, como nos pasa a todos os que os admiramos pola súa arte e sabedoría voadora.
E, penso eu, que vos parece se nos contamos todos como faríamos nós, os que andamos por terra e só somos capaces de dar uns saltos ben pequenos, para voar? Así, ao mellor ainda sacamos unhas boas ideas, ou, como mínimo, pasaremos un bon momento dándolle á cabeciña...
Mirade,
eu faría un traxe con todos os meus mellores recordos: iría meténdoos en cada peza de roupa, con delicadeza para que non se perdan e poidan conservarse coa súa beleza intacta. Despois diso, poríao por riba, e comezaría a pensar en todo o que sentín en cada un deses momentos, respiraría profunda e tranquilamente, e, nese momento, cando non soubese se as miñas pernas están sobre a terra ou dando voltas polas lembranzas maravilladas, sería cando iniciase unha carreira cara o horizonte, sen nada máis que as gañas de voar e estar cos meus mellores amigos…
E vós, como faríades?
Meu querido Mateus: aquí estamos, no cole, falando de xeitos de voar.
ResponderEliminarEu teño un segredo. Verás. SON QUEN DE VOAR TODAS AS NOITES. Onte, antes de durmir, cheguei voando ao esquecido reino do "Olvidado rey Gudú" de Ana Mª Matute. Que che parece? A que ti tamén voas así?
Pois... prepárate a ler como voarían, ademais de lendo, os rapaces de 5º e 6º
Hola Mateus eu para poder voar,me subirìya a un monopatìn correrìa tanto que comezarìa a voar
ResponderEliminarHola Mateus eu pra voar recollerìa os meus momentos en Nadal e recordarìa a miña familia e asì voarìa
ResponderEliminarE tamen voarìa con un DRAGÒN
ResponderEliminarEu tamèn voarìa,soñando na cama algo moi bonito.
ResponderEliminarQuerido Mateus:
ResponderEliminareu primeiro si encontro dúas mantas vellas e moitos trozos de madeira podería facer ás.Despois teño que encontrar un precioso vestido largo. Cando faga vento, vou con mis patíns a toda velocidade e asi podería voar para que os meus amigos me viran no ceo.
Querido Mateus:
ResponderEliminarNós para voar pensaríamos na nosa familia e amigos,mentres corremos nun día de moito vento.E nese momento comezaríamos a voar.
bicos!
Hola Mateus¡ Para poder voar eu iría a un bosque en primavera,botaría a correr o más rápido posible e sairíanme unhas ás como as fadas e pensaría na natureza,na familia e nos amigos.
ResponderEliminarHola Mateus:
ResponderEliminarPara voar eu montaría nun sillón e pensaría na miña familia e nos meus amigos. Logo pensaría:
``Sillón, sillón voa coma un avión´´.
E voaría coma un paxaro.
Querido Mateus:eu para voar faria unha pompa de xabón xigante,meteriame dentro,e voaría hasta París.
ResponderEliminarHola Mateus:
ResponderEliminarPara voar unha noite de neve , montariame nun trineo nunha rua empinada.Tirariame pola rampa e...Xa estaria voando.
Hola Mateus:
ResponderEliminarPara voar unha noite de neve , montariame nun trineo nunha rua empinada.Tirariame pola rampa e...Xa estaria voando.
Ola Mateus,aquí está a miña:para voar eu faria un avión de papel,convertiriame nun enano,e empezaria a voar.
ResponderEliminarOla Mateus:
ResponderEliminarEu para voar tiraríame dun edificio de mil pisos,con paracaídas e no chan habería unha colchoneta.
Mateus,eu voaría agarrada a un papaventosnun dia con vento colleria carrerilla e...Xa estou voando¡
ResponderEliminarQuerido Mateus:Eu voaria montado nun cabalo blanco coma a neve.Iria moi rápido baixaria unha costa moi alta sacaría dúas ás e empezara a voar como un Pegaso.
ResponderEliminarQuerido Mateus: Eu voaría cun bambán. Columpiaríame tan forte que sairía voando e, desde o ceo, vería todo o mundo.
ResponderEliminarHola, Mateus:Queroche decir que eu collería un turbo e meteríalo aun patinete,colleria velocidade e sairía voando polos ceos.
ResponderEliminarEu voaría coa miña familia.Ataría moitos globos ao tellado da casa.Daríalle a unha panca e incharían.E así sairíamos voando.Para baixar,tiraría da panca cara atrás e así os globos perderían aire pouco a pouco ata para.
ResponderEliminarHola Mateus para voar:
ResponderEliminarUn dia de inverno faria unha rampa de xeo e colleria a miña bici,baixaria a rampa e voaria.
Eu para voar collería o meu monopatín. Collería unha rampa,colocaríao. Collería moita velocidade dun salto que pegaría sairía voando moi lonxe.
ResponderEliminarHola Mateus!!! Eu son quen de voar todos os días, fágoo cada vez que abro un libro e pouso os ollos no texto..... é unha experiencia única!!!! Cánta liberdade para ir a onde un queira!!!Un saúdo para tódol@s rapaces do Colexio.
ResponderEliminarFíjaros en el papel que quería ser pájaro en ww.youtube.com/watch?v=bZ7cevL8HFw , a ver si sois capaces de hacerlo.
ResponderEliminarCaramba! Cantos xeitos de voar tan diferentes, e tan bos! O caso é que vallan para cada un ou para cada unha. Cando menos o pensedes encontrarédesvos no ar!!
ResponderEliminarEstimada Juana, o Rato fálame maravillas de ti, e vexo que tés un dos xeitos de voar máis bo e efectivo: os libros. Sei que tamén andas ensinando a voar a todos os nenos que falan contigo, e dame a sensación de que o mesmo lles pasa aos maiores cando se encontran contigo e saltan faíscas do outro lado do mundo nos ollos.
En fin, seguide pensando, soñando e voando, que é a mellor maneira de ser e estar, meus amigos!