
Meus queridos amigos:
Levo tempo pensando nalgunha adiviña para comprobar como andan os vosos reflexos. Encontrei esta que, tal vez, se relacione co tema que estades a traballar estes meses:
Que será unha cousa, cousiña,
Chea de noite e valeira de día?
A ver se dades sabido de que se pode tratar...
Cremos que é a Lúa, porque de noite está chea e polo día non se ve.
ResponderEliminarSaudos
Ben pensado, amigas.
ResponderEliminarPero o caso é que non é a lúa.
Unha pista: é algo desde onde se pode ver a lúa.
A ver, a ver...
Será entón o ceo? Nos cremos que si.
ResponderEliminarSerán as casiñas?
ResponderEliminarSerá a ventá da casa...
ResponderEliminarAnónimo
Pois témome que non é o ceo, nen as casiñas nen a ventá da casa: todas moi lindas, e ben pensadas.
ResponderEliminarPero non.
Outra pista: é algo que está dentro da casa...
A ver, a ver...
Pois a ver se alguén a acerta...
ResponderEliminarLas dos divinas de 5º
Será a cama?
ResponderEliminarCristina: que che fai pensar que pode ser a cama?
ResponderEliminarPorque a cama está na casa, e de noite durmimos nela entón está chea e de día está valeira.
ResponderEliminarPerfeito, Cristina!! Efectivamente é a cama.
ResponderEliminarQue orgulloso se sente este trasno de tratar con nenos e nenas así!!