martes, 14 de abril de 2009

Unha escultura da Torre.

Hoxe disfrutamos doutra ollada diferente á Torre de Hércules: a de Ana.
Ana é orfebre, pero ademais de xoias, fai esculturas con metais. Unha das súas obras é esta Torre, que hoxe nos amosou. Tamén trouxo ao colexio algunhas das ferramentas que utiliza e os bocetos da escultura.
Gustounos moito ver e escoitar o que nos explicou. Grazas, Ana, por compartir con nós a túa ollada particular á nosa Torre.




7 comentarios:

  1. Se educades o gusto artístico xa desdes cativos que faremos na secundaria?
    Parabéns pola experiencia.

    ResponderEliminar
  2. Encantounos a escultura de Ana nos informou de que tardou 3 meses en facer os debuxos e 1 mes e medio a escultura

    ResponderEliminar
  3. Encantounos a escultura que fixo Ana. E nos ensinounos moitas cousas da torre.

    ResponderEliminar
  4. Carlota e Paloma de 2º ciclo15 de abril de 2009, 10:12

    Ecantounos a escultura,aprendimos moitas cousas sobre as esculturas.Gustounos o soplete cando saía o lume unha chama azul .

    Paloma e Carlota.

    ResponderEliminar
  5. Monsieur Antonio:
    Respostando á sua interesante cuestión, diria-lle que na secundária se poderia, por exemplo, desenvolver o infinito que os nenos (pre)senten naturalmente. Nada máis e nada menos.
    Por certo, como está a fraga de Cecebre, onde teño vários colegas facendo das suas?
    Saúdos trasneiros.

    ResponderEliminar
  6. Benquerido Mateus:
    A fraga, coma sempre, mesta, fermosa e misteriosa. Do outro, de cando os nenos e as nenas medran, na secundaria tentamos no estropealos moito tras a boa formación que reciben en coles coma o voso.

    ResponderEliminar
  7. yoel 2 ciclo 3 curso21 de abril de 2009, 16:26

    Ola!
    gustoume moito...
    o que mais gustoume foi cando nos ensinou o soplete
    a escultura tamen gustoume
    estou intentando facer unha en casa con plastilina pero non dou
    e logo o intentarei con carton oucartulinas...


    bicos

    yoel
    2 ciclo

    ResponderEliminar