martes, 25 de marzo de 2014

APEIROS NO COLE, APEIROS NO MUSEO...

O día 7 de marzo os nenos e nenas de 1º a 6º de primaria visitaron o MUSEO DO POBO GALEGO.
Eu tamén fun agochado nunha mochila das merendas para poder contar aquí o que alí vimos..
 De mañanciña, acompañados dos seus titores e mestres, chegamos a Santiago co fin de coñecermos os apeiros que, ao longo dos anos, usaron para o seu labor todas as persoas galegas que traballaron no agro.
Apeiros agora en desuso a maior parte, e como dixo o profe José Luis, gran coñecedor do tema:  " Forman parte do que somos como pobo, coma comunidade dun labor concreto e como grupo ubicado nunha sociedade que o compartía todo para medrar, modernizarse e apegarse a un solo do que sempre formarán parte."

Apeiros tradicionais dalgúns traballos
Os nenos aprendendo moito e collendo notas
Grazas aos amigos que o profe Marcos ten no museo, puidemos facer no colexio unha exposición con miniaturas prestadas e ben vixiadas por Faustino co seu disfrace de espantallo.

E agora, xa estamos dispostos a meternos a estudar e traballar no segundo proxecto deste curso: SEMENTANDO

10 comentarios:

  1. niñ@s de 1º ciclo25 de marzo de 2014, 12:34

    Nos encantaron las ropas antiguas,aprendimos mucho de agricultura,del carro y el arado,y vimos instrumentos musicales,y te vimos a ti,Rato, escapando rápido por las escaleras de caracol. JA,JA,JA...

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito o arado e o carro.

    ResponderEliminar
  3. O pasamos moi en foi todo moi divertido

    ResponderEliminar
  4. Que se volva a repetir a visita!


    Gustoume moito todo o que vimos.




    Diego e Xeila (2º ciclo)

    ResponderEliminar
  5. Gustoume moito todas as cosas do museo.. ¡¡¡¡¡¡QUE VIVA O JOSÈ CORNIDE¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar

  6. El museo estuvo muy bien ,fue una excursión fantástica. Nunca en mi vida la olvidaré ¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  7. Fue muy guay el museo,me diverti mucho.

    ResponderEliminar
  8. Encantoume a visita e foi moi divertido. Bicos e saúdos.

    ResponderEliminar
  9. A ver si poneis vuestro nombre real de una vez, jajaja, que luego hay confusiones, y sobre la visita, sin PALABRAS

    ResponderEliminar