luns, 25 de xaneiro de 2010

Este era un gaiteiro...

Este era un gaiteiro
que iba polo monte...
ti queres que cho conte?


O venres a nosa Hora do conto convertiuse nunha oportunidade para coñecermos a Dubi, profesor na Escola municipal de música, saxofonista... e gaiteiro!!

Ramiro, o pai de Alba, é amigo de Dubi e foi quen se ocupou de traérnolo. Dubi amosounos unha gaita antiga; montou outra, peza a peza, diante de nós; tocou unha Alborada, unha Foliada e unha Muiñeira... e mesmo deunos a oportunidade de soprar a algúns.

Moitas GRAZAS, Dubi e Ramiro, por tan grato e valioso encontro.







5 comentarios:

  1. Moitas grazas Dubi por vir ao noso cole. Eu non puiden ir porque estaba pachucha. VIVA O GAITEIRO DUBI!!!
    De Alba T

    ResponderEliminar
  2. Boa noite. O meu único mérito é ter a este magnífico ourive da beleza como amigo.
    Parabéns, Dúbi, por seres desta maneira.

    ResponderEliminar
  3. eu sinto-me agradecido a todos vós por me invitar! o Gaiteiro

    ResponderEliminar
  4. I'm appreciate your writing skill.Please keep on working hard.^^

    ResponderEliminar
  5. dubi grazas por deixarme tocar ha gaita gustoume moito grazas

    ResponderEliminar