mércores, 9 de decembro de 2009

Outra adiviña do Mateus


Amigas e amigos:
Canto se aprende neste cole nun día! Estiven agochado vendo a todas as nais e pais que viñeron amosarvos moitas cousas do que saben, e compartín co Rato os fermosos traballos que falan dos que son diferentes nalgunhas cousas e iguais nas súas gañas de vivir, aprender e recibir afecto, como todos vós.
Para seguir coa aprendizaxe do que somos, téñovos aquí unha adiviña para ver se dades coa resposta, ¿animádesvos?:

Altos pazos,
lindas xanelas,
abren e fechan
e ninguén anda detrás.


No sur do río Miño/Minho, dise:

Altos castelos,
lindas janelas,
que abrem e fecham
sem ninguém bulir nelas.


Para darvos pistas, e bebermos, de paso, nos ríos amplos doutras linguas, aquí están outras variantes:

Dos arquitas de cristal
que abren y cierran sin rechinar.


(En castelán).

Dues capsetes de vidre
que es poden obrir i tancar
sense destapar.


(En catalán).

¿Que vos parece que pode ser?

19 comentarios:

  1. Na segunda adiviña creo que a resposta son os ollos.

    É certo?

    ResponderEliminar
  2. Retiro a resposta anterior, a solución as dúas adiviñas creo que son os ollos.
    Será esta a resposta correcta?

    ResponderEliminar
  3. Amiga Cristina:
    E logo por que pensas que son os ollos?

    ResponderEliminar
  4. I'm appreciate your writing skill.Please keep on working hard.^^

    ResponderEliminar
  5. Porque no primeiro poema di:
    "Altos pazos,
    lindas xanelas,
    abren e fechan
    e ninguén anda detrás"
    E eu creo que se refire a como os ollos están arriba de todo por eso di o de altos pazos, o de lindas xanelas porque cada un ten os ollos de diferentes cores e porque abren e fechan que é o que fan os ollos sen haber ninguén detrás.

    E no segundo poema porque os ollos parecen de cristal e ao abrilos e pechalos non fan ningún ruido.

    ResponderEliminar
  6. Querida Cristina:
    A túa perspicacia é notábel, tanto en adiviñar o contido como en interpretar as palabras. Efectivamente, trátase dos ollos.
    E falando un pouco de todo, ¿non saberás ti algunha adiviña con que enredarmos neste blog?

    Saúde e PARABÉNS.

    ResponderEliminar
  7. Teño unha adiviña e é así:
    ¿Quen serei eu que encerrada
    son donde quera que vou,
    me encontro sempre mollada
    e ao ceo pegada estou?

    En castelán é así:
    ¿Quién seré yo que encerrada
    soy donde quiera que voy,
    me encuentro siempre mojada
    y al cielo pegada estoy?

    Espero que a adiviñedes.

    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Hola Cristina yo creo que tu adivina es la lengua dime si es vale?

    ResponderEliminar
  9. Yo tengo otra adivina:
    ¿Cual es el hilo de la vida que siempre nos acompaña?

    ResponderEliminar
  10. eu creo que á resposta da adiviña de cristina é a lingua. ¿ou non?

    ResponderEliminar
  11. Querido anónimo as acertado a resposta a miña adiviña, é a lingua.

    ResponderEliminar
  12. Querido anónimo:
    A súa adiviña é certamente fermosa. Poderia tratarse, talvez, da lingua?
    Guíenos con algunha pista, de non ser así.

    ResponderEliminar
  13. Mateus, case pero é o pelo.

    ResponderEliminar
  14. Ola!!!
    Teño outra adiviña:
    Cal e o animal que ao revés e unha comida?

    ResponderEliminar
  15. Querido/a anónimo/a:
    A comida á que se refire, podería ser o arroz? Nese caso, o nome do animal sería o da raposa en castelán.
    De non ser así, talvez unha outra pista nos podería axudar...

    Por certo, deixo aquí outra pequena adiviña: ¿que animal está, cando se pon do revés, sempre onde estamos nós?

    ResponderEliminar
  16. Moi ben Mateus, adivinachelo!!!
    E o arroz...

    ResponderEliminar
  17. Por certo son anónima, (son unha nena).

    ResponderEliminar
  18. Ola!!!!
    Yo soy el anónimo que os a estado proponiendo adivinas.

    ResponderEliminar
  19. Querida ex-anónima Ana:
    Agardo que teñas un bon nadal, desde logo telo ben merecido por tan boas adiviñas.
    Por certo, ¿sabedes xa cal é o animal que propuxera?

    Saúde e que Papá Noel ou o meu amigo o Apalpador sexan propicios.

    ResponderEliminar