xoves, 5 de novembro de 2009

Nova adiviña do Mateus.


Amigas e amigos:
A vosa sabedoría (ainda que xa estaba ben avisado do ano pasado) segue a me sorprender. En fin, alégrome de que xunto ao coñecemento do voso corpo tamén exerzades a perspicacia e lle doedes á vosa intelixencia e imaxinación o privilexiado lugar que lle debe corresponder no voso ser (non creades que nos adultos iso ocorre habitualmente…).
Bon, a ver que tal se vos dá agora, con esta outra adiviña:
¿Sabedes o que nunca se pode tocar coa man esquerda?

14 comentarios:

  1. A parte de arriba da man esquerda.
    É esta a resposta correcta?

    ResponderEliminar
  2. Amiga Cristina: tés moita perspicacia, pero, neste caso, non é a resposta exacta (trátase doutra cousa aparte da man esquerda). Iso si: non vas desencamiñada...
    A ver se a boa enchenta de castañas vos fai encontrar a solución, amigas e amigos...

    ResponderEliminar
  3. Será o antebrazo entón?
    Se non no se me ocorre.

    ResponderEliminar
  4. Segues sen estar lonxe da resposta, pero tampouco é esta. A ver, a ver...

    ResponderEliminar
  5. O brazo da man esquerda.

    Creo eu.
    Non??

    ResponderEliminar
  6. Estades ben avezados, amigos. Por certo, querido anónimo, como te podemos chamar?

    ResponderEliminar
  7. Bon, xa que había dúas incógnitas, despexo unha: efectivamente, trátase do cóbado esquerdo.
    A outra déixolla para o querido anónimo que logrou atinar coa resposta correcta...

    ResponderEliminar
  8. Mándovos eu outra que,supoño,non v
    os costará moito despexar:
    UNHA SEÑORINA MOI ENSEÑORADA QUE SEMPRE VAI EN COCHE E,SEMPRE,VAI MOLLADA ¿QUÉN É?.Saudos dunha ANÓNIMA amiga

    ResponderEliminar
  9. Eu vou dar unha pista!!!
    Forma parte do noso corpo e está na cabeza!

    ResponderEliminar
  10. É a boca?
    Que me dis querida anónima, e certo ou non?

    ResponderEliminar
  11. ¿Será algo moi falangueiro?

    ResponderEliminar
  12. Creo que eu xa sei a resposta é...
    ¡a lingua!

    ResponderEliminar
  13. ¡Moi ben,amiga Cristina!.Vexo que estás moi posta nesto das adiviñas.Veremos cal nos tén preparada o noso amigo Mateus...

    ResponderEliminar