luns, 18 de febreiro de 2008

trasno Mateus, raíña sereíña... e quen sabe cantos máis

Queridos amigos e amigas:
Xa sabía eu que convidar ao meu amigo trasno Mateus a participar no noso blog era unha boa cousa.
Ven sucedendo que as súas adiviñas, ademais de compracernos a todos nós, chamaron a atención dunha sereíña anónima, que a cotío, lle responde nos comentarios.
Pois ben: nesta última ela atreveuse a xogar tamén. Víchedes a adiviña que ela nos propón? Por se non foi así, escríboa eu a continuación:
Amigo Mateus:
o teu xogo, eu xogo
¿xogas ti o meu?
¿Que cousa, é esa cousa,
que entra no río e non se molla?

Polos bosques libres do mundo enteiro. Saúdos da raíña sereíña.

5 comentarios:

  1. Coma unha raíña
    hoxe me sinto
    sen duda,neste sitio,
    nestes mares,
    e nos que vos querades,
    sempre me atoparedes.


    Miles de gracias por prestarme atención, eu dende logo, xa desde fai tempo vola presto a vos. Unha delicia esta páxina que paso con alegría case tódolos días.

    Bicos da raíña sereíña

    ResponderEliminar
  2. A resposta é moi fácil: a sombra.

    ResponderEliminar
  3. Nós cremos que é o reflexo.

    ResponderEliminar
  4. E será, querida sereíña, o mesmo que
    Sobe á montaña e non cansa
    E que chove e non ten frio?

    Quen sabe?

    ResponderEliminar
  5. rapaces e raparigas,
    mateus amigo meu,
    o que é vo lo digo:
    os raios do sol.

    Bicos a miles dende os meus mares.

    a raíña sereíña

    ResponderEliminar