Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

jueves, 24 de noviembre de 2016

MAGOSTO!!

Coa imprescindible colaboración das familias, celebramos un ano máis a festa do magosto.
Comimos castañas, bebimos o leite, e despois divertímonos cuns xogos organizados e dirixidos polos nenos e nenas de 5º e 6º.
Aquí tedes as imaxes.
Graciñas a todos e bo proveito.




jueves, 17 de noviembre de 2016

CHÁMOME JOSÉ CORNIDE

Aquí vos deixo traballo para roer.
 Teredes que investigar, aprender e explicar ao mundo enteiro que o ilustrado señor José Cornide sabía moito da nosa Torre de Hercules e dos nosos mares coa súa pesca.

Completade este caderniño que vos fixen e así coñeceredes moi ben á persoa que da nome ao noso colexio.
E todos estaremos aínda máis fachendosos de chamarnos así.
A toda máquina...! Tripulación aos seus postos. Moita atención ás luces do facho... Boa pesca.

lunes, 14 de noviembre de 2016

MERCEDES QUEIXAS NO NOSO COLEXIO.


A autora do libro "Labrego con algo de poeta", que temos na nosa biblioteca, veu ao colexio a dicirnos como foi Manuel María de neno ata se converter no grande poeta que todos queremos e admiramos.

 Mostrounos imaxes da súa nenez, xuventude e casa familiar, a súa vida con Saleta, a súa muller, as tertulias en Lugo e A Coruña. E despois contestou a todas as preguntas que a cativería quixo facer.
 E o encargado de agradecerlle  a súa colaboración foi Xosé, o seu sobriño, que así de contento lle fixo entrega dun retrato meu que un día me fixeron en Sargadelos.

AS AMIGAS QUE VIÑERON DE ALEMAÑA!

Como en cursos anteriores, viñeron pasar con nós dúas semanas un grupo de estudantes alemás. Ademáis de falar alemán, ensináronnos a música doutros idiomas que tiñan nas súas familias e saudaron falando turco, ruso, polaco e tailandés.

Aquilo parecía a Torre de Babel.
Axudáron a tallar cabazas para o samaín.
E contáronnos o conto "El Grúfalo" en alemán, mentres a profe Ana nolo contaba en castelán. 

Volvede axiña, amigas alemás!!

miércoles, 9 de noviembre de 2016