Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

jueves, 13 de febrero de 2014

CONTOS E MÚSICA CON PATRI E ALEX DE KALANDRAKA!!

O venres 7 de febreiro, os nosos bos amigos de Kalandraka, Patri e Alex, viñeron ao cole coa súa maleta chea de misterios e o seu acordeón.
 Enriba do escenario puxeron un un lote dos nosos libros favoritos e algún novo.


 Coa súa forma tan divertida de contalos e de facernos cantar a todos, pasamos un rato con mamás, bufos, monstros e nunha cacería de osos, que non rematou como esperábamos.


O éxito foi total e agora os nenos teñen aínda máis interese en coller estes libros da nosa biblioteca.
Agardamos que volvades axiña con novas ou vellas historias.
Moitas grazas!!

lunes, 3 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ, HOXE E SEMPRE!!

Imaxes bonitas, que nos lembran que a paz está na cara dos nenos que son felices. Desfrutádeas.
video