Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

lunes, 11 de marzo de 2013

A PIRÁMIDE DOS EXIPCIOS?...NON, A DA ALIMENTACIÓN!

O mércores 6 de marzo, todo os nenos do cole traballaron arreo no tema que temos este trimestre, que sabedes que trata dos alimentos. Tivemos a visita de Alexia, desde o departamento do consumo do Concello. Con ela todos no cole fixeron a pirámide dos alimentos. Desde os máis peques ata os maiores, os nenos aprenderon os fundamentos dunha  boa alimentación .

Todos van ser uns expertos no tema da nutrición. Eu tamén quero axudar, por iso aquí vos deixo un enlace a unha páxina moi interesante, que vos pode servir para consultas e xogos relacionados co tema:  xa sabedes, fagamos o posible para  comer san

martes, 5 de marzo de 2013

...E COMERON PERDICES

Xa pasou o entroido, e os pícaros moi guapos disfrazados dun xeito moi apetitoso. Pois agora imos aprender moito máis sobre o mundo da alimentación.
Aquí tedes o caderniño de traballo que preparei para todos. Haberá que enchelo !!
...E comeron perdices
Buscaremos poemas que falen de comida
Para cociñeiros...
...nós
Galicia, que ben me sabe
viaxando polas comidas...

saber alimentarse...



















para axudarvos co voso traballo, no vestíbulo tendes un montón de libros que tratan sobre a alimentación, e contos moi apetitosos...