Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

miércoles, 30 de junio de 2010

Sol, auguiña... e un libro!


Marchamos de vacacións!!
Na miña maleta levo, ademais do traxe de baño, algún destes libros que aquí vedes.

Todos eles e outros moitos entraron na nosa Biblio durante o curso que hoxe remata. A maioría chegaron aos nosos andeis desde os da libraría Quimbamba, escollidos polas mans sabedoras e exquisitas de María e Marta (ás dúas, moitas grazas).

Son algúns dos que máis nos gustaron aos nenos, ás nenas e a min. Por iso volos recomendo. Aínda que xa se sabe que valen tanto para persoas de tres anos como de cen, están ordenados de esquerda a dereita, de pequenos a maiores.

A todos... sol, auguiña e boas lecturas!!


martes, 29 de junio de 2010

Mateus vai de vacacións.


Amigas e amigos:
Pasámolo moi ben este curso, aprendendo de todos os nenos que saben levar sempre a ledicia ás súas vidas, apesar de todo, e curioseando no corpo, desde o que sentimos o mundo. Para isto axudáronnos uns cantos pais, a quen lles agradecemos, outra vez, que compartan con nós o seu saber.

Despois veu a historia das casas, que é como dicir a historia dos nosos devanceiros e de nós mesmos: as máis antigas, os tipis, os iglus, os janokos e palafitos e, por suposto, as vivendas tradicionais xaponesas, sen esquecer os castelos.

Como ben sabedes, é moi importante seguir mantendo as gañas de aprender máis e mais, para o que vos recomendo que sigades lendo e lendo vós mesmos e cos vosos pais.Desde logo, podedes estar ben orgullosos do que aprendedes e do que transmitides aos vosos pais, pois (e este é un segredo que vos pido non divulguedes demasiado) todos, pequenos, maiores e criaturas do bosque, aprendemos de todos, e todos os días.
E lembrade tamén que ninguén vos poderá quitar nada do bailado.
Boas vacacións e a seguir descubrindo os pequenos misterios do mundo.

Saúdos desde o, tamén voso, bosque.

miércoles, 16 de junio de 2010

E ainda diu para máis!

E ainda diu para máis!!!

Porque despois de botar semanas traballando sobre casas e fogares, cando chegou ao colexio unha caixa de tal tamaño... que habiamos facer con ela??

Pois... unha casiña, por suposto.




martes, 8 de junio de 2010


Amigas e amigos:
Que linda a festa do outro día. O Rato contoume que se emocionou véndovos cantar e contar, recitar e saborear, e envioume fotos por internet (xa sabedes que no bosque dos trasnos andamos bastante adiantados nestas cousas, e nos comunicamos entre nós e cos amigos de maneiras ben contemporáneas...).
Pois aproveito para deixarvos aquí unha nova adiviña, a ver que tal vos vai con ela:

“Pequena como unha abella
e enche a casa ate a tella”.


Por se vos é de axuda, aquí quedan as versións noutras línguas (tamén sabedes que os habitantes dos bosques valoramos a diversidade como fonte de toda vida):

No sul do río Miño:

“Qual é a cousa, qual é ela
do tamanho de uma abelha
e enche a casa até à telha?”.


En castelán:

“Tamaño como una almendra
y toda la casa llena”.


En catalán:

“Una cosa com un gla
que per tota la casa va”.


En italiano:

“Io ci ho ‘na cosa
larga come um’amandola
che risciaro tutta la cámbora”.


E en francés:

“Qu’est-ce que n’est pás plus Gros qu’un oeuf
et qui tient toute la chambre?”.


QUE SERÁ, SERÁ?

martes, 1 de junio de 2010

Festa Miña casiña, meu lar.

Abaixo quedan unhas imaxes que recollen diferentes momentos da Festa das familias que vivimos o pasado venres.

Se queredes velas mellor, ide picando sobre cada unha delas e volvendo atrás para pasar á seguinte.