Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 25 de mayo de 2010

Grazas aos Ratos de Monte Alto.


ONTE FUN DAR UN PASEO
ALÁ ONDE VIRA O VENTO,
ONDE ALUMEA O FARO...
ÁS TERRAS DE MONTE ALTO!

Así foi. E de aló trouxen un fermoso agasallo que xa vive na nosa Biblio: esta árbore que vedes e que nós cremos que pertence a unha especie moi particular, a das árbores Papacontos.
Grazas, Amigos Ratos de Monte Alto!

viernes, 21 de mayo de 2010

jueves, 20 de mayo de 2010

O castelo.


Vistas xa as catro casas, amosamos hoxe... o castelo.
É un traballo realizado polos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.






miércoles, 19 de mayo de 2010

A última das catro casas.


Esta páxina do libro recolle o estudo que os rapaces do terceiro ciclo fixeron sobre a vivenda tradicional xaponesa.
Velaí unha imaxe xeral e outras que amosan os detalles







viernes, 14 de mayo de 2010

A terceira das catro casas.

A páxina do noso libro dedicada aos palafitos é un traballo feito en Infantil 4 e 5 anos.
Nela recollen o que xa antes fixeran sobre os janokos. A ilustración central é unha foto do palafito que eles construiran e o texto é o primeiro experimento público de escrita con minúsculas dos nenos e nenas de cinco anos.




Coñeceron aos warao a través de Maite, a súa mestra en prácticas, e dun video da rede; construiron un janoko; elaboraron un glosario de palabras na lingua indíxena e escoitaron, ilustraron e saben, un conto orixinario destas xentes.





jueves, 13 de mayo de 2010

Unha casa máis.


Hoxe amosamos unha páxina máis do libro Catro casas e un castelo.
Nesta ocasión é o traballo dos pequechos da aula de 3 e 4 anos.


Coa axuda dalgún libro informativo e da rede, viron, escoitaron, imprimiron... e construiron este iglú.
Coñecen o proceso de construción dos mesmos, saben as súas diferentes utilidades e en que lugar do mundo se poden ver.
Quedan aquí estas imaxes da súa páxina para o libro xigante.




martes, 11 de mayo de 2010

Catro casas e un castelo.



Catro casas e un castelo é o título do libro xigante que entre todos andamos a facer. Velaí a súa cuberta.

Cada aula encárgase de investigar e logo elaborar unha páxina para el.

Hoxe presentamos a páxina feita no primeiro ciclo e coa que podemos aprender sobre tipis. Aí quedan unhas imaxes.







martes, 4 de mayo de 2010

Adiviña de Mateus


Meus queridos amigos:
Levo tempo pensando nalgunha adiviña para comprobar como andan os vosos reflexos. Encontrei esta que, tal vez, se relacione co tema que estades a traballar estes meses:

Que será unha cousa, cousiña,
Chea de noite e valeira de día?


A ver se dades sabido de que se pode tratar...