venres, 26 de marzo de 2010

Poesía ilustrada.

Dentro de Miña casiña, meu lar e como homenaxe a Rosalía, en agradecemento polo verso que nos dá título para o tema, no terceiro ciclo estamos a traballar coa súa poesía.

Sabemos e imos recitar algunhas das súas estrofas e mesmo nos atrevimos a ilustralas. Velaí unha pequena mostra do traballo.




martes, 23 de marzo de 2010

Mateus envía enlaces.

Amigos e amigas:
Vexo que andades investigando nas vivendas de todas as épocas. Eu, como ben sabedes, ando sempre dándolles voltas ás cousas, e encontrei algo dun vello amigo das palabras, que construiu esta pequena xoia para todos os nenos, lembrando a súa estancia en Colombia.
A ver que vos parece, porque hai que lelo e velo detalladamente á vez para tirarlle o mellor proveito.

xoves, 18 de marzo de 2010

Texto colectivo.


Hai unhas semanas Mateus comezou cunha proposta de texto colectivo sobre casa con portas e chaves.
velaí o resultado tras as diversas aportacións:

Era unha vez un país ben lonxe, onde vivían dúas nenas nunha casa chea de segredos.

Os segredos vivían agchados detrás de tres portas: Había unha porta grande, outra mediana e unha portiña pequena, para os segrediños. A porta pequena tiña a fechadura xa moi desgastada, porque segrediños hai moitos na vida.

Ningunha das nenas abrirá nunca a porta grande, a dos grandes segredos.Aquel día as nenas atoparon na eira, baixo o cabazo, unha chave grande, moi grande, que semellaba corresponder coa fechadura da porta dos segredos grandes.
Correron ata a casa e subiron ao faiado, onde estaban as tres portas. Carmiña, a maior das dúas, meteu a chave no furado e...

O pai das nenas estaba aterrado!!Tiña moitos segredos pero non sabía en quen confiar.Entón abriron a porta e todo o viron os segredos: Un era unha caixiña que tiña unha chave pequeniña, é entón comprobaron todos que as chaves, fose cal fose o seu tamaño, servían todas para abriren todas as portas: a pequena, a mediana e a grande.

Foi nese momento, despois de se ollaren as nenas, cando se percataron de que as chaves que se usan con toda a forza dos soños e a intelixencia entran en todas as portas, e no las abren para sempre.

martes, 16 de marzo de 2010

A primeira vivenda,,, a cova.

Nos pasados días, en Infantil, traballaron aprendendendo sobre a vida humana cando as casas eran... as covas!

Saben de alimentación, vestido, pintura rupestre...

Velaí unhas imaxes que recollen parte do proceso e tamén este video, que foi un dos materiais que usaron para documentarse.








xoves, 11 de marzo de 2010

A casa que Jack construiu.


Na biblio temos este libro.
Témolo en inglés e tamén en español.

Trátase dun conto acumulativo moi divertido. Queredes aprendelo?

Podédelo facer usando estes enlaces: este primeiro video, ou ben este outro, no que contamos cantando.

martes, 9 de marzo de 2010

Construíndo un Janoko.

Maite está a facer as súas prácticas de mestra con nós, na aula de 4-5 anos.

Ela naceu en Venezuela. Por iso dentro do proxecto Miña casiña, meu lar estamos aprendendo con ela sobre os indios Warao:escoitamos un dos seus relatos, disfrutamos dun video, construimos un Janoko e estamos a elaborar un glosario con palabras como curiara, chinchorro, torotoro, morricoy...

Hoxe convidámosvos a todos a saber máis a través deste video.





luns, 8 de marzo de 2010

Vaia sorpresa, amigo Rato!!

Cando chegamos ao colexio hoxe e entramos na Biblio... MENUDA SORPRESA!

Atopamos toda unha casiña construida arredor do teu burato. Gústanos moito e estamos encantados de poder entrar na túa vivenda.
Claro que... seguimos sen ver que agachas nese teu burato, a carón da escaleira!!

E, dinos amigo Rato, iso de facerte unha casa... non terá algo que ver co tema que andamos a traballar?