Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 29 de diciembre de 2009

Xentes como folerpas: Festa!

Aquí vos deixo unhas imaxes como resumo do que foi a festa coa que rematamos o proxecto Xentes como folerpas.

Se queredes aprecialas mellor, ide picando sobre cada unha delas e volvendo atrás para ver a seguinte.

Eu, que o vin todo desde o meu buratiño, disfruteina MOITÍSIMO!









jueves, 17 de diciembre de 2009

sábado, 12 de diciembre de 2009

Unha selección de libros.


Nestas semanas pasadas, durante o desenvolvemento deste tema Xentes como folerpas, foron moitas as historias que lin e mesmo escoitei, agochado no meu buratiño da Biblio.

Déixovos aquí unha imaxe que recolle algunhas das que máis me gustaron. Picade sobre ela se queredes vela mellor.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Outra adiviña do Mateus


Amigas e amigos:
Canto se aprende neste cole nun día! Estiven agochado vendo a todas as nais e pais que viñeron amosarvos moitas cousas do que saben, e compartín co Rato os fermosos traballos que falan dos que son diferentes nalgunhas cousas e iguais nas súas gañas de vivir, aprender e recibir afecto, como todos vós.
Para seguir coa aprendizaxe do que somos, téñovos aquí unha adiviña para ver se dades coa resposta, ¿animádesvos?:

Altos pazos,
lindas xanelas,
abren e fechan
e ninguén anda detrás.


No sur do río Miño/Minho, dise:

Altos castelos,
lindas janelas,
que abrem e fecham
sem ninguém bulir nelas.


Para darvos pistas, e bebermos, de paso, nos ríos amplos doutras linguas, aquí están outras variantes:

Dos arquitas de cristal
que abren y cierran sin rechinar.


(En castelán).

Dues capsetes de vidre
que es poden obrir i tancar
sense destapar.


(En catalán).

¿Que vos parece que pode ser?

viernes, 4 de diciembre de 2009

Onte, día da discapacidade.


Aquí, no colexio, levamos xa unhas semanas pensando e aprendendo sobre este tema.

Hoxe, só unha pequena homenaxe contra a discriminación, a favor da integración:
Este fermosísimo libro, que admite múltiples lecturas. Nesta Biblio gustou moito!

Tamén, por se vos apetece, dúas historias máis en formato vídeo. Picade AQUÍ e AQUÍ.