Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

jueves, 28 de febrero de 2008

lunes, 25 de febrero de 2008

Seguro que foi o Rato!

Quen senon, podería facer tal cousa?
No colexio, como en todo edificio que se precie, temos un cuarto escuro (tamén chamado cuarto dos ratos) onde conviven trastos, vasoiras e outros enseres. Hoxe, colgado na súa porta estaba o cartel que vedes na foto; no seu interior, todo un ceo estrelado que enchía de brillo a escuridade...
Cousas do rato! Seguro!





Soles a moreas









Tras coñecer e disfrutar xuntos este inxenioso álbum de Davi, a metade do noso mural, que está adicada ao Sol, pasou de estar baleira a recoller esta chea de soles que vedes aquí... e algún máis que non sae na foto.
Ao remate do proxecto habémolos xuntar todos nun libro para gardar na Biblio.

jueves, 21 de febrero de 2008

lunes, 18 de febrero de 2008

trasno Mateus, raíña sereíña... e quen sabe cantos máis

Queridos amigos e amigas:
Xa sabía eu que convidar ao meu amigo trasno Mateus a participar no noso blog era unha boa cousa.
Ven sucedendo que as súas adiviñas, ademais de compracernos a todos nós, chamaron a atención dunha sereíña anónima, que a cotío, lle responde nos comentarios.
Pois ben: nesta última ela atreveuse a xogar tamén. Víchedes a adiviña que ela nos propón? Por se non foi así, escríboa eu a continuación:
Amigo Mateus:
o teu xogo, eu xogo
¿xogas ti o meu?
¿Que cousa, é esa cousa,
que entra no río e non se molla?

Polos bosques libres do mundo enteiro. Saúdos da raíña sereíña.

martes, 12 de febrero de 2008

jueves, 7 de febrero de 2008

Festa de Entroido

Aí van unhas fotos do pasado venres. Miramos cara ao ceo para elaborar os nosos traxes e mesmo lle cantamos un apropósito (coa melodía de Apaga o candil):
A lúa e o sol
vante deslumbrar,
que veñen ao cole
para festexar,
xunto coas estrelas
e outras compañías,
o Entroido que chega
ceibando alegrías.
Pois ben, aínda así... o señor Lourenzo non saiu para escoitarnos e o paseo polo barrio tivo que suspenderse pola auga que do ceo nos mandaron... Vaia, oh!!