luns, 21 de maio de 2007

O venres temos a Festa das Familias

Esta é a invitación e o programa da festa que teremos o venres. Con ela rematamos o proxecto Son do Mar. Sabemos que a Biblio vaise encher de nais, pais, avós, amigos... Estamos contentos: sabemos que habemos vivir unha mañá especial.


1 comentario:

Anónimo dixo...

O Comité Internacional de Piratas (C. I. P.), tras analisar os informes que os nosos inflitrados no coléxio nos fixeron chegar, manifestamos que nos sentimos plenamente representados por tod@s @s nen@s, profesor@s e nais, que axudaron a dignificar a nosa incomprendida figura. Tamén queremos sinalar o excelente traballo d@s que fixeron os decorados e mantiveron a grande altura o espectáculo.
Como agradecimento, queremos convidar-vos á nosa 250ª Festa Pirata na Alta Mar, que ten lugar fora de todas as augas coñecidas (como vedes, levamos unha boa chea de festas, e é que, como Sabina, os vellos rockeiros e piratas nunca morren).

Saúdos bucaneiros para a grande Illa dos Tesouros, chamada oficialmente Xosé Cornide.